Laura Piñeiro, una entrevista en cinco "pespuntes"

Izquierda: Sin título 50x70, Fotografía.
Derecha: "(re) construyendo (me)",
Transferible sobre tela e hilo.
Entrevistamos a Laura Piñeiro, una joven artista multidisciplinar nacida en Pontedeume (A Coruña), cuya obra, cargada de elementos evocadores del "quehacer artístico femenino", no deja a nadie indiferente.
Licenciada en Bellas Artes por la Universidade de Vigo e investigadora en el campo de la escultura contemporánea, Laura Piñeiro es parte de ese grupo de artistas plásticos que siguen cuestionando y denunciando el todavía deficitario relevo de la mujer en el mundo del arte.


En los últimos tres años, Laura Piñeiro a logrado reunir un considerable listado de reconocimientos y experiencias profesionales dignas de mención. Se destacan, por ejemplo, su participación en eventos colectivos como el Certame de Artes Plásticas da Diputación de Ourense (2009 y 2011), Xuventude Crea (Santiago de Compostela  2012), Novos Valores (Pontevedra, 2011), premios como el Primer Premio del V Certame de Fotografía da Universidade de Vigo o becas como la de Investigación de Tercer Ciclo de la Universidade de Vigo o la correspondiente al I Encontro de Artistas Novos de la Fundación Cidade da Cultura.
Como muchos artistas multidisciplinares contemporáneos, Laura une concepto, proceso y resultado en un todo. Al unir tejidos y texturas a través del hilo, uno de los elementos clave de su obra, la artista crea formas, unas veces orgánicas y viscerales, otras poéticas y emocionales, que cuentan, a su vez, historias derivadas de su propia existencia (vivencias personales, historias familiares, posturas políticas, etc).
En su última exposición individual titulada "Tic, Tac...", en la galería A.dFuga  de Santiago de Compostela, Laura Piñeiro relaciona el acto de coser con la historia social de las mujeres en un homenaje a todas esas figuras femeninas que pueblan la historia del arte desde la edad media.
En IRMANARTE no podemos esconder la admiración e interés por la labor de esta creadora, por lo que le hemos preparado una breve entrevista vía mail a la que la artista ha contestado amablemente.



Aquí os dejamos la transcripción de dicha entrevista en idioma original (gallego):

IrmanArte - Recentemente, a túa exposición titulada "Tic, Tac…", proxecto comisariado por Paula Cabaleiro na Galería A.dFuga de Santiago de Compostela, tivo unha segunda "edición" na Capela do Hospital de Cangas do Morrazo que terminou o pasado 31 de outubro. Que balance fas destas dúas presentacións de "Tic, tac…"? 
Laura Piñeiro - Sen dúbida algunha, o balance foi moi positivo en ámbolas dúas mostras, sendo destacable a diferente maneira que na que funcionaban as pezas en cada espacio. No primeiro caso, en A.dFuga, as pezas estaban situadas en salas baleiras de paredes brancas, polo que a lectura dos diferentes traballos funcionaba por sí mesma sen influencias por parte do espacio. En contraposición a ésta, en Cangas do Morrazo a memoria persoal de cada un dos traballos misturábase coa memoria colectiva propiciada polo entorno, abrindo novos diálogos. Da mesma maneira, a ubicación da mostra en diferentes ámbitos permitiu o contacto cun abanico máis amplo de público, que nos dous casos responderon de forma satisfactoria.

IrmanArte - Sabemos que naciches en Pontedeume, estudaches Belas Artes en Pontevedra e no teu curriculum figuran unhas cantas participacións en certames e exposicións, na súa maioría en ámbitos artísticos galegos, o que nos leva a considerar que coñeces ben o mundo cultural da nosa comunidade. Como ves o actual estado da creación artística en Galicia? 
Laura Piñeiro - Na miña opinión, creo que existe unha boa canteira de xente preparada no eido artístico galego, cunha gran formación e moitas gañas de traballar. Unha mostra disto é a gran proliferación de novos espazos alternativos para a creación e a exhibición autoxestionada (coma pode ser o caso de Alg-a Lab ou FAC Peregrina) así coma a emerxencia dun modelo de galería novo, quizáis máis plural e acorde coas necesidades actuais (coma é o caso da mencionada A.dFuga). Dalgunha maneira, creo que se respira no ambiente unha necesidade de resistencia á vez que de cambio, pero sobre todo de impulsar a creación e a creatividade nestes tempos complicados. 

IrmanArte - Tanto no "fío" condutor da túa obra artística como na idea principal da túa última exposición "Tic, tac…", hai un claro mensaxe de "denuncia" da condición da muller artista ao longo da historia da arte, corroborado, por exemplo, coa inclusión de unha lista de mulleres artistas nesta última mostra. Baseándote nesa idea, como ves actualmente a situación da muller na sociedade en xeral e no ámbito da arte en particular?  
Laura Piñeiro - Considero que a visibilidade da muller na actualidade é moito maior ca en anos pasados, mais mentiría se falara da miña crenza nunha total normalidade ou igualdade na visibilidade en ámbolos dous sexos. Esta realidade reafírmase co exemplo do eido artítico: a nivel formativo é indudable de que xa non existen as barreiras de acceso, somos moitas máis mulleres ca homes matriculadas en estudos artísticos; sen embargo parece que existe unha brecha na visibilidade de forma posterior ó mundo académico, cando a presenza de mulleres artistas en mostras, certames, galerías… diminúe enormemente. 

IrmanArte - Se tiveras que escoller unha das túas obras como a que mellor describe o teu traballo cal sería? 
Laura Piñeiro - Difícil resposta, pois dalgunha maneira cada unha delas falan das miñas preocupacións, vivencias e/ou intereses e, en definitiva, todas son un pouco de min. Creo que non podería escollera só unha, polo que tres serían as miñas elixidas: en primeiro lugar destacaría as imágenes fotográficas do dedal-casco e da agulla-florete coma unha declaración de principios; posteriormente “O canto de Filomela” (instalación de dedais de cerámica a modo de campanas) polo seu discurso desgraciadamente atemporal; e para rematar “Cartografía daqueles mares” (instalación de cartas bordadas e fíos) pola súa condición máis personal e íntimista.

IrmanArte - Por último, e antes desexarte moita sorte para o futuro, gustaríanos saber se tes algún proxecto expositivo en mente e se nos podes adiantar algo… 
Laura Piñeiro - Na actualidade estou inmersa no proceso de producción de pezas para diferentes mostras que verán a luz no vindeiro ano, así coma na colaboración en varios proxectos de carácter colectivo nos que me fai moita ilusión formar parte. Como adianto dun destes últimos, podo dicir que no mes de febreiro poderemos ver, xunto co traballo de grandes compañeiras e compañeiros, a instalación “Cartografía daqueles mares” na Coruña, toda unha volta ó fogar que deu vida a todas esas misivas que a compón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario